Cero euros destinará a Xunta ao Concello de Oroso
Cada hora que pasa sen que o voceiro do PP de Oroso cuestione publicamente os 0 euros que a Xunta de Galicia consignou para este concello nos orzamentos de 2023 deixa máis claras dúas cousas:
- O silencio cómplice de Alexánder Doval constata a súa covardía política e o pouco que pinta na Xunta de Galicia e no PPdeG.
- Alexánder Doval antepón os seus intereses e os do seu partido aos da veciñanza de Oroso e un político que fai iso non merece ter o apoio dos seus veciños.
Nunca un 0 dixo tanto:




