Luis Rey, será o candidato á Alcaldía de Oroso

Onte á noitiña inauguramos a nova sede da Agrupación Socialista de Oroso no número 24 da avenida de Compostela e tamén aproveitamos o acto para anunciar que Luis Rey Villaverde será o candidato do PSOE á Alcaldía de Oroso nas municipais do 28 de maio de 2023.
 
A decisión foi adoptada por unanimidade polos afiliados que acudiron á asemblea celebrada o pasado 26 de setembro e, tal e como confirmou onte o propio candidato, afronta este desafío “coa máxima ilusión e con máis gañas ca nunca de traballar para que Oroso sexa un lugar mellor para vivir e siga estando á cabeza dos concellos da comarca en canto aos servizos públicos”.
 
Ánimo Luis! Traballando arreo nestes sete meses que faltan, o obxectivo de recuperar a maioría absoluta está máis preto.

Deixa un comentario