XI Festa Socialista de Galicia
O sábado 1 de outubro volveremos xuntarnos na área recreativa de Penateixa para compartir unha xornada festiva coa presenza do secretario xeral do PSOE e presidente do Goberno, Pedro Sánchez Pérez-Castejón, e do secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso.
Como podedes ver no cartel, desde a agrupación de Oroso asumimos parte do prezo dos convites, polo que ás veciñas e aos veciños de Oroso só lles custará 10 euros.
No cartel tedes os teléfonos para xestionar a retirada dos tickets. Contamos con vós!