Obras acometidas polo goberno socialista

Comezamos o mes de agosto botando a vista cara atrás para recompilar algunhas obras acometidas polo goberno socialista de Oroso durante o mes de xullo aproveitando o bo tempo:
 
🚧 Comezo da limpeza de cunetas e aglomerado de pistas en Carollo (Cardama): 70.000 euros.
 
🚧 Remate da ampliación da rede de saneamento e abastecemento de auga nos Carballos (Deixebre): 110.000 euros.
 
🚧 Inicio da mellora da rede viaria en Ventosa-Cardama (Cardama), San Román de Abaixo (Pasarelos), Cabanas e Sar (Os Ánxeles), Oroso de Abaixo (A Gándara) e O Barral (Vilarromarís): 74.000 euros.
 
🚧 Finalización da ampliación da calzada e instalación de barreiras de seguridade no vial que une Requeixo con Eirís: 75.000 euros.
 
🚧 Reanudación das obras de reforma e ampliación do Centro Cultural Fernando de Casas e Novoa: 445.000 euros.

Deixa un comentario