1 ano de goberno da man de Luis Rey

Hai exactamente un ano, tal día coma este 25 de maio ao que apenas lle quedan unhas horas, comezaba o mandato de Luis Rey Villaverde como alcalde de Oroso. Os socialistas e as socialistas deste concello sentímonos moi orgullosos da transición modélica que fixemos hai 12 meses par darlle continuidade a un goberno progresista, que non parou nin un só día de traballar por e para as persoas. Neste primeiro ano como alcalde, Luis Rey demostrou sobradamente a súa capacidade de xestión, elaborando uns orzamentos cun importante incremento no capítulo de investimentos e reforzando tamén o gasto social. E todo iso fíxoo sen perder unha das súas grandes virtudes, como é a cercanía coa xente. Sigue así alcalde e dentro dun ano recollerás bos froitos.

 

Deixa un comentario