Xuntanza co delegado do Goberno, José Miñones

O delegado do Goberno en Galicia, o socialista Jose Miñones Delegado, recolleu esta semana diferentes peticións formuladas polo alcalde, Luis Rey Villaverde, para trasladarllas en Madrid a varios departamentos do Goberno de Pedro Sánchez Pérez-Castejón.

Entre elas destacan o proxecto de construción dunha rotonda de acceso ao novo polígono industrial para axilizar o tráfico nesa zona e as melloras necesarias na glorieta da saída da autoestrada. O alcalde tamén se interesou polos fondos europeos aos que podería optar o Concello de Oroso para acometer proxectos relacionados coa rehabilitación de edificios, a ampliación da fibra para conectarse a Internet, a mellora da cobertura de telefonía móbil ou a mellora de actividades relacionadas co turismo.

Deixa un comentario