Obras de abastecemento de auga e saneamento no Campo de Cabanas e aledaños

Recollemos a luva que nos lanzan dende o PP de Oroso sobre as obras de abastecemento de auga e saneamento no Campo de Cabanas e aledaños. Quizais a resposta non lles pareza orixinal pero, cando menos, É A VERDADE.

O que verdadeiramente nos empeza a cansar é o mundo da mentira permanente no que vive o señor Doval. Imos por partes:

  1. “Hoxe queremos poñer o foco no estado do asfaltado tras as obras de abastecemento de auga e saneamento”. Primeira mentiro do señor Doval: a actuación NON ESTÁ REMATA. As obras non foron recibidas polo Concello porque a empresa non acabou co seu traballo. De feito, aínda lle quedan moitos días de traballo porque aínda falta facer a reposición final e instalar a estación de bombeo!!!
  2. “Solicitámoslle ao Goberno Local PSOE-BNG que arreglen esta chapuza”. Segunda mentira do señor Doval. O Goberno e o construtor saben perfectamente como está o proxecto e así será como quede esta obra: tal cal marca o proxecto. Non se pode cualificar de “chapuza” unha obra que está sen rematar. Ou seica son tan ocorrentes que xa critican as obras sen que estean rematadas?. É tal o afán de protagonismo electoral do PP que xa critican as obras antes de rematalas?.
  3. E o máis grave: sabemos que o señor Doval é plenamente consciente da súa mentira. De feito, falou co empresario local que se encarga da obra, quen lle confirmou que os traballos aínda non remataran. E que fixo? Calquera persoa tería admitido o seu erro e deixado pasar a historia. Pero, como temos indicado máis dunha vez neste Facebook, o señor Doval non vai deixar xamais que a realidade lle impida ter un titular.

O peor de todo é que, no seu afán de protagonismo, o señor Doval non dubida en utilizar aos veciños e veciñas de Oroso e aos empresarios locais como armas arroxadizas contra o Goberno Local. E isto, señores do PP, si que cansa…

Mentiras do PP de Oroso

Deixa un comentario