Os Socialistas de Oroso convidamoste á XXIV Festa da Troita

Do 6 ao 8 de maio, Oroso converterase na capital do ocio e a gastronomía en Galicia grazas a edición número 24 da nosa benquerida 𝗙𝗲𝘀𝘁𝗮 𝗱𝗮 𝗧𝗿𝗼𝗶𝘁𝗮. Tras dous anos de ausencia por mor da pandemia sanitaria, o equipo dirixido polo socialista Luis Rey Villaverde fixo bo o refrán: a paciencia e a dedicación fan ao bo pescador. Así, elaboraron un amplo e atractivo programa: campionato de pesca, feira de artesanía, pasacalles, obradoiros e, por suposto, degustación de troitas e a mellor música do momento tanto tradicional (Leilía, Asoc Folklórica Lembranzas Do Tambre, Agrupación Folclórica Buxos Verdes) como actual (Panorama 2022 Fans. #PlayTour, Orquesta Olympus, Orquesta Marbella, Miramar Orquesta e Orquesta Costa Dorada).

Así mesmo, agora que se achegan as vodas de prata, os Socialistas de Oroso queremos poñer en valor o traballo realizado ao longo destes anos para conseguir que a nosa #Troita fose a primeira Festa de Interese Turístico da comarca e se teña convertido nunha festa de referencia en toda Galicia. Un traballo liderado polos nosos alcaldes #socialistas e de cuxo éxito é responsable todo o pobo de Oroso.

Non o dubides, achégate a Oroso os días 6, 7 e 8 de maio e sinte a Festa da Troita

Festa da Troita 2022

Deixa un comentario