O PP de Oroso utiliza aos veciños e veciñas do rural como armas arroxadizas contra o Goberno

Os Socialistas de Oroso denunciamos a hipocresía e dobre moral do Partido Popular local e, nomeadamente, o seu voceiro Alexander Doval:

1️⃣ No Pleno do 31 de marzo, o PP non apoiou o asfaltado da contorna de Carollo.

2️⃣ Onte xoves, o mesmo PP envía aos medios e sube a Redes unha nota de prensa chea de descualificacións e mentiras sobre o Goberno do Concello de Oroso esixindo a realización desas obras.

Pero as mentiras teñen as patiñas curtiñas e, como ben apunta o noso secretario xeral, Jonatan Rey, “é evidente que Alexánder Doval acaba de quedar retratado como un mentireiro diante de toda a veciñanza ao asegurar na prensa que hai 8 meses que non se sabe nada do asfaltaddo de Carollo cando 8 días antes el e o seu partido non votaron a favor da realización dese proxecto”.

Podes velo neste enlace do propio PP provincial: https://bit.ly/3xivzwf. O sr Doval di textualmente: “Saliu a licitación o ano pasado, rematando o periodo de ofertas á licitación a comezos de septembro do 2021 por importe de 58.632 euros, pero a día de hoxe case oito meses despois non se sabe nada do tema”. Pois ben, TODOS OS CONCELLEIROS/AS tiveron entre a documentación do Pleno un desglose das obras da modificación de crédito, onde figuraban claramente os 58.632 euros para o asfaltado na contorna de Ponte Carollo. Por que minte o PP? Por que minte o señor Doval?

De feito, Jonatan Rey pregúntase “como se pode ter tanta cara para dicir na prensa que a zona está nun estado terceiromundista e falar de deixamento ou abandono do Goberno cando é o PP quen está facendo todo o que pode para impedir que se fagan esas obras. Isto só ten un nome: dobre moral e moi pouca vergoña”.

Lamentamos que, unha vez máis, o PP de Oroso utilice aos veciños e veciñas do rural como armas arroxadizas contra o Goberno #socialista e so se preocupe das parroquias para buscar réditos electorais, facendo no Pleno o contrario ao que din en Redes Sociais e Medios de Comunicación.

Deixa un comentario