A Xunta abandona o rural e os centros de ensino de Oroso

Mentres no PP de Oroso se dedican a denunciar na prensa os problemas que eles mesmos crean, o noso alcalde Luis Rey Villaverde e a concelleira de Ensino se reunían co delegado territorial na Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Unha reunión que se resume nunha palabra: NON, que tamén define o interese do PP pola educación e polo rural.

O PP na Xunta dixo que NON vai facer ningunha inversión nas Escolas Unitarias. E que opina disto o PP de Oroso? É este o famoso “compromiso polo rural” que dicía Feijoo?

O PP na Xunta dixo NON a amañar este ano o tellado e a rede eléctrica do CEIP de Sigüeiro. Que ten que dicir o señor Doval? Porque desta vez non pode dicir que non sabía nada, pois xa levamos sete anos agardando por esta inversión tan necesaria. Mentres gastan os cartos noutros municipios doutra cor política, os rapaces e rapazas do CEIP de Sigüeiro terán que agardar a 2023 ou a 2024 para ter un colexio sen humidades.

E o PP de #Oroso non ten nada que dicir a isto??? Os Socialistas de Oroso seguiremos traballando por un ensino de calidade no noso pobo, mentres outros miran cara outro lado para non avergonzar aos seus xefes na Xunta, aínda que sexa a costa do benestar dos nosos nenos e nenas.

Deixa un comentario