Tranporte Público

Xa ten pasado un ano e o novo prego de condicións para o transporte interurbano elaborado pola Xunta de Galicia continúa a dar problemas, como ben puidemos comprobar en Oroso o ano pasado. O Partido Popular gastou 12 millóns de euros nun estudo que non se adapta á realidade do servizo e que está a xerar moitos problemas á veciñanza de toda a provincia.

Esta problemática centrou o debate do consello de alcaldes e alcaldesas socialistas da provincia, reunido esta fin de semana. Todos coincidimos en que o transporte funciona cada vez peor, sobre todo nas áreas metropolitanas de Santiago, Ferrol e A Coruña. Por iso, esixímoslle á Xunta melloras no transporte interurbano e que deixe de mirar cara outro lado, como se non existisen problemas.

Os Socialistas de Oroso sabemos ben da cerrazón da Xunta aos cambios e levamos moitos anos loitando por un transporte público e de calidade. Non son poucos os logros conseguidos. Dende a admisión de Autos Grabanxa no transporte metropolitano, ata a normalización de frecuencias e paradas en Compostela o ano pasado. Aínda así, queda moito por conseguir e 𝐬𝐞𝐠𝐮𝐢𝐫𝐞𝐦𝐨𝐬 𝐞𝐬𝐢𝐱𝐢𝐧𝐝𝐨 𝐪𝐮𝐞 𝐬𝐞 𝐜𝐮𝐦𝐩𝐫𝐚𝐧 𝐨𝐬 𝐡𝐨𝐫𝐚𝐫𝐢𝐨𝐬, 𝐪𝐮𝐞 𝐡𝐚𝐱𝐚 𝐦𝐚́𝐢𝐬 𝐟𝐫𝐞𝐜𝐮𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐬 𝐞 𝐪𝐮𝐞 𝐞𝐱𝐢𝐬𝐭𝐚 𝐮𝐧 𝐯𝐞𝐫𝐝𝐚𝐝𝐞𝐢𝐫𝐨 𝐭𝐫𝐚𝐧𝐬𝐩𝐨𝐫𝐭𝐞 𝐦𝐞𝐭𝐫𝐨𝐩𝐨𝐥𝐢𝐭𝐚𝐧𝐨 𝐩𝐚𝐫𝐚 𝐨𝐬 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨𝐬 𝐪𝐮𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐦𝐨𝐬 𝐨 𝐜𝐢𝐧𝐭𝐨 𝐝𝐞 𝐂𝐨𝐦𝐩𝐨𝐬𝐭𝐞𝐥𝐚.

Deixa un comentario