Socialistas de Oroso, no congreso provincial do PSdeG

O cuarto congreso do PSdeG-PSOE Provincial da Coruña celebrado esta fin de semana serviu para elixir oficialmente a Bernardo Fernández Piñeiro como secretario xeral e coñecer as persoas que van traballar para mellorar a vida das persoas desde as institucións, gañar as próximas eleccións municipais e iniciar asi o camiño que remate con Valentín González Formoso na presidencia da Xunta.
congreso3
Un traballo no que os Socialistas de Oroso teremos un papel principal, xa que o partido tivo a ben apostar por integrantes da nosa agrupación para facer realidade ese cambio que tanto necesita Galicia e Oroso. Así, o noso presidente, Manuel Mirás Franqueira, ocuparase da secretaría de coordinación interparlamentaria; mentres co noso secretario de política municipal, Luis Rey Villaverde, ocupará unha secretaría executiva adxunta, precisamente, á Política Municipal.
Así mesmo, Oroso contará con tres representantes no Comité Provincial: a secretaria de Organización, Beatriz Rodeiro Fernandez; o secretario de Xuventude e Deporte, Jonatan Rey; e Daniel Fuentes Calvo. Ademais, o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira formou parte da mesa organizadora deste cuarto congreso dos socialistas coruñeses.

 

Deixa un comentario