Día internacional da muller

Compartimos contigo a intervención do noso alcalde na homenaxe desta fin de semana a Isolina Nouche Costa co gallo da conmemoración deste 8M. Unha muller que foi exemplo “de loita, superación e sacrificio”, e que foi vítima da represión franquista simplemente por ser irmá de quen era.
Porque para os Socialistas de Oroso homenaxes coma esta non son remover ou cambiar a historia, como nos queren facer crer algúns; casos como o de Isolina son, simplemente, facer xustiza.

 

Deixa un comentario