Insignia de Ouro para Protección Civil Oroso

protección civil

Dous anos xa… Tal día coma hoxe, o presidente do Goberno decretaba un confinamento de 15 días para combater a pandemia sanitaria da Covid-19. Quince días que se transformarían en tres meses . Seguro que tod@s lembramos onde e con quen estabamos, o que sentimos nese momento e a incertidume que nos albergou.

Agora que albiscamos a fin da pandemia son moitas as cousas que desexamos esquecer. Pero hai outras que deberían quedar gravadas na nosa memoria con letras de ouro. Porque a adversidade tamén sacou o mellor do ser humano, personificado nos voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Oroso. Persoas que, no medio de medos e dúbidas, foron o alicerce que precisabamos para saír adiante. Grazas a eles, todas as medidas postas en marchas dende o Concello para axudar aos colectivos máis vulnerables, para recuperar os espazos públicos, para facilitar a volta ao cole a distancia e retomar a actividade socioeconómica puideron saír adiante.

Para os Socialistas de Oroso, a homenaxe desta fin de semana non foi máis ca un acto de xustiza, un merecido recoñecemento a un colectivo cuxa labor diaria non está o suficientemente valorada. Parabéns
a todas as persoas voluntarias de Protección Civil Oroso e grazas por facernos a vida máis fácil todos e cada un dos días das nosas vidas.

Deixa un comentario