Luis Rey Villaverde, elexido novo alcalde de Oroso

O pleno extraordinario do Concello de Oroso elixiu esta tarde a Luis Rey Villaverde como novo alcalde de Oroso, substituíndo no posto a Manuel Mirás Franqueira.

Luis Rey fora elexido por aclamación como candidato á Alcaldía de Oroso, na Asemblea da Agrupación Socialista de Oroso reunida o pasado  martes 4 de maio en Sigüeiro, en substitución de Manuel Mirás, quen anunciara recentemente a súa decisión de abandonar a política local despois de 38 anos. A votación dos afiliados socialistas finalmente non foi precisa, toda vez que a única candidatura presentada foi a liderada por Luís Rey.

luis rey
Segundo comunicou Rey Villaverde, “Hoxe é un día de sentimentos encontrados. Por unha banda, a honra de suceder a un alcalde referente en Galicia, pero tamén a tristura de ver que el se vai. O que vos podo prometer é que lle vou a poñer todas as gañas, toda a paixón e toda a ilusión”.
Pola súa banda, Manuel Mirás asegurou que “o Concello queda en moi boas mans” e amosouse “convencido de que os veciños e veciñas de Oroso poden estar tranquilos porque á fronte deste Concello quedará unha persoa que vai continuar ou incluso mellorar a xestión que viñamos realizando ata o de agora”.

Deixa un comentario