Infraestruturas e comunicacións
- Construción da glorieta da praza da Foca en Sigüeiro, a cal está comprometida e en licitación por parte do Ministerio de Fomento
- Construción da circunvalación de Sigüeiro dende a rotonda do Familia ata a bifurcación da estrada de Sigüeiro-Lavacolla
- Negociar co Ministerio de Fomento e Audasa a eliminación da peaxe da AP-9 no treito Sigüeiro – Santiago
- Continuar coa construción de sendas peonís en todas as parroquias. Actualmente está en proxecto a senda na DP-3802 en Marzoa, e a de Baxoia – Bouzalonga que está en licitación para empezar canto antes
- Seguir mellorando a rede viaria municipal e limpeza de cunetas, así como a mellora da sinalización viaria en todo o territorio municipal
- Construción dunha senda verde entre Santiago, Oroso, Tordoia, Ordes e Cerceda para a que xa hai proxecto e posible financiamento europeo. Dito proxecto está liderado por Oroso
- Reurbanización da Avenida da Grabanxa
- Construción dun novo parque cuberto e modernización e ampliación dos existentes
Mobilidade e transporte metropolitano
- Mellorar o transporte metropolitano coa cidade de Santiago aumentando as frecuencias en días laborables e festivos
- Implantar o transporte a demanda na zona rural
- Eliminación total de barreiras aquitectónicas
Medio Ambiente e limpeza viaria
- Promoción, mediante campañas selectivas, da reciclaxe, a compostaxe e a separación de todo tipo de residuos, e introdución do quinto contedor de residuos RSU (Residuos Sólidos Urbanos)
- Concienciación, mediante campañas, da necesidade dun maior respecto polo medio urbano coa finalidade de ter un concello máis limpo, ordenado e sostible
- Recuperación da senda do Tambre desde Sigüeiro a Porto Avieira
- Promoción paisaxística e do patrimonio natural
- Demandar da Xunta a recuperación e acondicionamento das marxes dos ríos na zona de dominio público e LIC (Lugar de Interese Comunitario)
Urbanismo
- Rematar as modificacións puntuais que están en marcha do Plan Xeral de Ordenación Municipal, onde se ampliará o Solo de Núcleo Rural ata onde a Lei do Solo de Galicia o permita
- Estudo pormenorizado do territorio para outras posibles modificacións ata onde a Lei do Solo de Galicia e as leis sectoriais o permitan
- Dar un novo impulso ao polígono industrial de San Martiño II de Oroso para atender a demanda de novas empresas, mediante o desenvolvemento en tres fases para que sexa máis sustentable economicamente
Benestar Social e Servizos Sociais
- Seguir mellorando o servizo de axuda no fogar
- Incrementar o cadro de persoal (traballadores/as sociais e persoal administrativo), para eliminar as listas de espera na tramitación da RISGA e emerxencias sociais
- Demandar á Xunta de Galicia máis celeridade nas concesións da dependencia e RISGA
- Creación dun Centro de Día no antigo centro de saúde
- Mantemento do convenio co Centro de Día de Porto Avieira
- Servizos especializados a demanda (tales como fisioterapia, podoloxía) para aquelas persoas maiores que non teñan a posibilidade de desprazarse ao centro do pobo
- Seguir incrementado as actividades dirixidas ás persoas maiores (saídas culturais, actividades de ocio, charlas como os “Martes saudables”, Día das persoas maiores)
- Posta en marcha dun servizo de apoio escolar para os nenos e nenas de familias máis desfavorecidas
- Programas de integración social para aqueles colectivos máis desfavorecidos
Igualdade
- Todas as accións municipais estarán orientadas á igualdade real entre homes e mulleres
- Prevención da violencia de xénero con programas de intervención e actividades en diferentes ámbitos
- Recoñecemento a distintos colectivos no Día da Muller Traballadora
Sanidade
- Reclamar á Consellería de Sanidade a apertura do Centro de Saúde polas tardes
- Esixir a ampliación do cadro de persoal sanitario
- Demandar un mellor coidado do terreo cedido polo Concello á Consellería de Sanidade no contorno do centro de saúde, á cal lle corresponde telo en perfectas condicións
- Solicitar da Consellería de Sanidade unha Traballadora ou Traballador Social
- Realizar as xestións urbanísticas pertinentes para a ampliación dos cemiterios parroquiais
Conciliación da vida laboral e familiar
- Seguir cos programas de Bos días cole, campamentos de verán, Nadal Xogo, Entroido, Verán Lúdico, campus deportivos
- Programa municipal de ludoteca para favorecer a conciliación familiar das familias do noso concello
- Organizar a Festa da Familia como medida de participación lúdica e de convivencia veciñal con diversas actividades
Ensino
- Ampliación da Escola Infantil Ulloa dotándoa de máis prazas, un novo comedor e sala de descanso
- Solicitar que o CEIP Camiño Inglés sexa de dúas liñas
- Demandar á Consellería de Educación a mellora do Colexio de Sigüeiro
- Seguiremos mantendo e mellorando as escolas unitarias do medio rural para que os nenos e nenas das parroquias teñan a escola máis cerca dos seus familiares
- Instar á Xunta de Galicia a que proceda a cubrir un dos patios do IES de Oroso para que os nenos e nenas poidan saír ao exterior cando as condicións meteorolóxicas non o permitan
Cultura
- Ampliación da biblioteca municipal
- Ampliación do centro cultural Fernando de Casas e Novoa transformándoo en auditorio; actuación que xa está en marcha e que servirá para incrementar a programación cultural así como para unha maior comodidade dos usuarios
- Construción dun local para escola de música e ensaios
- Construción dun local multiusos xunto ao campo de fútbol de Oroso para uso da parroquia no que poidan celebrar todo tipo de actividades
- Seguir apoiando ás asociacións culturais locais mediante convenios que favorezan as súas actividades e proxectos
- Continuar co apoio a artistas locais tanto noveis como xa consagrados
- Seguir celebrando a Gala da Cultura como recoñecemento a todos os artistas, escritores e artesáns do noso concello co obxecto de que se sintan recoñecidos e lles sirva de promoción
- Seguiremos incrementando a oferta cultural a través de programas como a Semana Cultural, Outono Cultural, Mergúllate na Cultura, actividades de Nadal, Entroido, Semana Santa
- Organización anual dun festival de música Folk xunto aos de Folclore e Psicotroita
- Apoio ás festas populares parroquiais
Deporte
- Rematar o campo de fútbol de Oroso e construción de bancadas
- Mellorar o campo de fútbol de Deixebre dotándoo de novos vestiarios e servizos sanitarios para o público
- Construción dun parque Calistenia dedicado a xente moza ou de mediana idade
- Construción dun novo pavillón polideportivo
- Cambio de céspede no campo de fútbol de Sigüeiro e cuberta da bancada
- Construción dunha pista de patinaxe permanente a cal xa esta programada
- Construción dunha pista de minihóckey
- Seguir apoiando o Memorial Fernando Abad e impulsalo como un evento de carácter nacional
- Seguir promovendo a Carreira Pedestre
- Continuar coa promoción do deporte para que se poidan celebrar no noso concello o maior número de disciplinas deportivas
- Continuar coa celebración da Gala do Deporte para recoñecer ao colectivo deportista e favorecer a súa promoción
- Acondicionamento do polideportivo Camiño Inglés co fin de que se poida utilizar ao longo de todo o ano
- Construción dunha cancha de tenis
- Climatización da piscina municipal mediante un sistema innovador de enerxías renovables para que sexa sustentable economicamente
- Renovación total dos vestiarios da piscina municipal
- Adecuación dunha zona para a práctica de atletismo
Xuventude
- Creación dun espazo de estudo na biblioteca as 24 horas con apertura mediante un sistema de pegada dixital
- Dotar o actual edificio do Concello como edificio de servizos múltiples e de xuventude
- Seguir celebrando o Día da Xuventude con actividades lúdicas, diversión e convivencia entre a mocidade
- Apoiar ás entidades xuvenís
Turismo
- Seguir promovendo o Camiño Inglés coa programación de actividades que atraian cada vez a máis turistas que poidan gozar do noso patrimonio paisaxístico
- Seguir promovendo a Festa da Troita para que sexa declarada de Interese Turístico Nacional
- Promoción turística do Concello mediante a dotación de incentivos para que as empresas operadoras turísticas creen infraestruturas coas que atraer turismo a Oroso
- Seguir potenciando o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés)
- Habilitación dun espazo de información turística
- Construción da Senda do Camiño Inglés dende Oroso Pequeno ata a entrada do parque fluvial do Carboeiro
Patrimonio Cultural, Popular e Ambiental
- Recuperación de casas reitorais abandonadas mediante un convenio co arcebispado para dedicalas, segundo sexa o caso, a museos, turismo rural ou utilización dos veciños se fose necesario
- Recuperación do patrimonio etnográfico
- Recuperación dos castros adquirindo os terreos que son propiedade de particulares e incorporalos ao inventario municipal
- Recuperación das fontes máis populares
- Posta en valor das áreas recreativas que temos por todo o concello
Medio Rural
- Rematar o ciclo da auga levándoa a todos os núcleos de poboación
- Avanzar na rede de saneamento ás parroquias
- Xornadas divulgativas para a concienciación do medio natural
- Esixir á Xunta a dotación dun mellor servizo de Banda Ancha no Medio Rural na maior brevidade posible
- Construción de máis estanques de auga nas parroquias para lavado de cisternas e utilización en caso de incendios
- Apoio ás familias emprendedoras que se instalen no rural mediante bonificacións fiscais
Industria
- Instalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos e híbridos
- Apoio á industria e comercios de nova implantación que creen postos de traballo
Comercio e Hostalería
- Apoio ao comercio local mediante campañas de promoción e programas de desenvolvemento e formación
- Cursos de orientación e apoio das propostas achegadas polos comerciantes
- Impulsar a creación dunha asociación de hostalería
- Apoio e fomento das diferentes xornadas gastronómicas (Rutas das tapas, Bocados de outono)
- Xornada gastronómica da troita previa á celebración de dita festa
Servizos Administrativos
- Construción dun novo edificio para albergar todos os servizos administrativos nun mesmo espazo e prestar así un mellor servizo á cidadanía: urbanismo, servizos sociais, culturais, xulgado, policía e Protección Civil
Seguridade cidadá
- Aumentar o cadro de persoal da Policía Local e colaboración coa Garda Civil e Protección Civil
Emprego
- Seguir mantendo a figura do axente de emprego local e creación dun portal especializado na busca de emprego
- Demandar da Xunta de Galicia máis axudas para emprego xuvenil e para as persoas desempregadas de longa duración
- Creación de novas prazas de emprego público para axilizar os trámites administrativos e dar un mellor servizo á veciñanza
- Demandar da Deputación Provincial máis fondos para a creación de emprego e axudas as empresas afincadas en Oroso
- Asinar convenios de colaboración coas empresas para as prácticas e formación dos mozos e mozas, rematada a súa formación académica