Municipais 2015

Os Socialistas de Oroso queremos seguir construíndo un Oroso para vivir, un concello no que os veciños e as veciñas sexades os protagonistas e vos sintades orgullosos do voso municipio.

O vindeiro 24 de maio celébranse as eleccións municipais á Alcaldía de Oroso, por este motivo nesta nova sección poderás encontrar toda a información relativa á proposta que os Socialistas de Oroso facemos para os vindeiros catro anos:

  • A información sobre os membros da candidatura que conforman o equipo que Manolo Mirás escolleu para afrontar este novo reto de facer un Oroso aínda mellor.
  • O noso programa electoral, no que fuximos de “cartas aos Reis Magos” e nos limitamos a plasmar propostas realistas, que sabemos que son factibles, e que ademais recollen o que os veciños e veciñas nos tedes comunicado de forma directa ou ben a través das asociacións veciñais, culturais ou deportivas do municipio. Non obstante, consideramos que se trata dun programa electoral ambicioso e completo, que pensa en todos os ámbitos que atinxen ao benestar da veciñanza e que atende tanto ao núcleo urbano como a cada unha das parroquias, porque os Socialistas de Oroso GOBERNAMOS para todos.
  • Asemade, neste apartado da web poderás consultar os actos que temos programados para darche a coñecer de primeira man o noso programa electoral. Neles explicarémosche cales son as nosas propostas e ideas para que Oroso siga crecendo, porque os socialistas creemos neste OROSO, máis que nunca.

Deixa un comentario