Actos en Calvente, Ánxeles e Pasarelos o domingo 17

cartel-calventecartel-anxelescartel-pasarelos

O candidato socialista á reelección como alcalde de Oroso, Manolo Mirás, terá unha intensa xornada de campaña mañá, domingo 17 de maio. Haberá tres actos electorais ao longo da mañá, programados ás 10:30 en Calvente, ás 11:30 nos Ánxeles e ás 13:00 en Pasarelos. Os encontros coa veciñanza de Calvente e dos Ánxeles terán lugar á saída da misa, no atrio da igrexa. O de Pasarelos desenvolverase no local social da parroquia.

Deixa un comentario