Ven o luns a tomar un café con Manolo Mirás

cartel-cafe

Hai moitos veciños e veciñas para os que os actos electorais das noites caen demasiado a desmán. Así pois os Socialistas de Oroso faremos o vindeiro luns, día 18 de maio, un encontro electoral de mañá, concretamente a partir das 10:00, para que as persoas interesadas poidan escoitar o proxecto de Manolo Mirás para os vindeiros catro anos. Esta xuntanza terá lugar na sede electoral do PSdeG (Paseo do Carboeiro, esquina coa Praza de Isaac Díaz Pardo). No café posterior as persoas asistentes poderán intercambiar opinións co candidato e consultar as súas dúbidas.

Deixa un comentario