Acto electoral na Gándara o venres 15

cartel-gandara2

Manolo Mirás proseguirá mañá o traballo de difusión do programa electoral dos Socialistas de Oroso na parroquia da Gandara. O mitin desta xornada terá lugar no local social, a partir das nove e media da noite, e contará coa participación dos veciños da parroquia e membros da candidatura David Garabal e Bárbara Vidal. A continuación intervirá o actual concelleiro de Cultura e Ensino, Antonio Leira, número 3 da candidatura, quen dará paso ao noso cabeza de lista, Manuel Mirás.

Os veciños e veciñas asistentes estarán convidados a un ágape posterior no que poderán intercambiar opinións e propostas cos candidatos dos Socialistas de Oroso.

Deixa un comentario