Acto electoral de Manolo Mirás o xoves 14 en Oroso

cartel-oroso

O candidato socialista á Alcaldía de Oroso, Manolo Mirás, proseguirá mañá (xoves14) a súa programación de actos electorais de campaña na Escola de Oroso. Este mitin terá lugar ás nove e media da noite, e contará tamén coa participación da veciña da parroquia Beatriz Rodeiro, número 4 da candidatura dos Socialistas de Oroso. Os veciños e veciñas asistentes poderán intercambiar opinións co alcalde e cos restantes membros da candidatura no ágape posterior.

Deixa un comentario