Mércores, xoves e venres, celebramos a campaña con obradoiros e xogos populares

cartel-xogos-populares

Adoitan dicir que as eleccións son a festa da democracia. Para os Socialistas de Oroso a campaña electoral é sen dúbida un período especial, no que se fai un esforzo importante para, nun curto período de tempo, transmitir o noso proxecto á cidadanía de todos os puntos do municipio.

Os nenos e nenas non son alleos ás campañas electorais, debido aos típicos elementos de propaganda, visuais e sonoros, que invaden os espazos públicos do concello. Así pois, os Socialistas de Oroso queremos achegar para eles unha verdadeira festa democrática, con programación de carácter lúdico: os mércores, xoves e venres destas dúas semanas de campaña haberá na nosa sede electoral obradoiros gratuítos de maquillaxe, globoflexia e reciclaxe. Ademais, haberá inchables e xogos populares na Alameda de Góis.

Deixa un comentario