Manolo Mirás convídate á presentación da súa candidatura, o xoves 30 de abril

cartel-acto-presentacion

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Oroso, Manolo Mirás, presentará publicamente a candidatura coa que se presenta ás Eleccións Municipais o vindeiro xoves, día 30 de abril. O acto, aberto a toda a cidadanía, celebrarase ás oito e media da tarde no pavillón polideportivo, e contará coa intervención do Secretario Xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro.

Unha lista que “conxuga experiencia e renovación”, así resume Mirás o equipo co que se presenta aos comicios do 24 de maio. Na listaxe hai candidatos e candidatas de nova incorporación, e destaca tamén a ampla representación de xente nova, con tres persoas de menos de 30 anos.

No acto organizado polos Socialistas de Oroso para o día 30 terás a oportunidade de coñecer persoalmente a todas as persoas integrantes do equipo de Manolo Mirás, dado que tras unhas sucintas intervencións compartiremos un ágape, durante o cal os membros da candidatura terán a oportunidade de saudar e intercambiar opinións cos veciños e veciñas que esteades presentes.

Deixa un comentario