Reunión de traballo sobre o programa electoral coas ANPA do municipio

Reunion-ANPA

Os responsables da redacción do programa electoral de Manolo Mirás (Vanesa Boo, Antonio Leira, Beatriz Rodeiro e Luis Rey) mantiveron onte á tarde unha xuntanza coas ANPA do municipio para coñecer as súas demandas de cara aos vindeiros catro anos.

Asistiron a este encontro representantes da ANPA A Nosa Escola, do CEIP de Sigüeiro; da ANPA Carboeiro, do CEIP de Oroso; e da ANPA do Centro Rural Agrupado. Na reunión púxose de manifesto a necesidade de seguir reclamando á Xunta a dotación dunha segunda liña ao CEIP de Oroso, de tal forma que deixen de estar masificadas as aulas de ambos CEIP.

Os Socialistas de Oroso proseguirán esta tarde a súa rolda de encontros coas entidades asociativas do municipio, neste caso coas asociacións culturais.

Deixa un comentario