Os Socialistas de Oroso instamos a Rajoy a que deixe de recurtarlle os alimentos básicos ás familias máis desfavorecidas.

Moción PSdeG-PSOE

As tesoiras do Partido Popular fixeron que as achegas de alimentos da Cruz Vermella caeran dos 20.000 aos 1.000 kilos durante o Goberno Rajoy.

A crise económica e as políticas de recortes en sanidade, educación e política social levadas a cabo polo Partido Popular están a ampliar a desigualdade social e a afundir a moitas familias, disparando o número de persoas que se atopan en situación de pobreza e que teñen que acudir a solicitar alimentos ao Plan de Axuda Alimentaria aos máis Necesitados, que en España se distribúe a través da Cruz Vermella e a Federación Española de Bancos de Alimentos. Ante esta situación, o PP decidiu reducir tanto ca cantidade de comida que reciben estas persoas como a variedade de alimentos que recibían, eliminando produtos básicos coma o aceite, o queixo, os cereais infantís, os garavanzos e a froita en conserva.

Ante esta inxustiza, os Socialistas de Oroso presentamos unha moción ao pleno do Concello na que lle esixíamos a Rajoy a que puxera máis cartos para que as familias máis necesitadas puideran comer algún alimento cada día. Unha situación á que Oroso non é allea pois, como ben explicou o noso compañeiro e concelleiro de Servizos Sociais, Antonio Leira, o descenso das achegas de alimentos por parte do Estado é brutal: 20.000 quilos en 2011; 7.120 quilos en 2012; 5.620 quilos en 2013 e 1.009 kg no que levamos de 2014. “En catro anos, as cifras son aterradoras no noso concello”, sinala Leira Piñeiro, “polo que nos vimos obrigados a buscar outras solucións a través doutras entidades, como Amigos de Galicia, de empresas colaboradoras e de campañas municipais para poder garantir este servizo fundamental”.

E é que, como apunta Leira, “dende 2011 están decrecendo as achegas de forma alarmante cando as necesidades medran”. E non o dicimos só os Socialistas de Oroso, moitas son as asociacións e entidades que están a denunciar esta importante reducción na cantidade de alimentos que se están a repartir entre os máis necesitados.

Os Socialistas de Oroso celebramos que, cando menos por unha vez, o Partido Popular orosán se sumase á nosa iniciativa e que a nosa proposta fose aprobada por unanimidade. A mágoa é que esta sensatez non a tiveran presente noutros casos tamén moi graves e nos que preferiron defender ao partido antes que ao veciño. Referímonos a casos como a eliminación de servizos no novo colexio, a desparición da gratuidade dos libros de texto ou a defensa que os populares fixeron das eléctricas, apoiando que poidan curtarlle o subministro ás familias sen recursos.

Descargar (PDF, 87KB)

Deixa un comentario