Encontro Socialista na Penateixa

Os Socialistas de Oroso celebraremos o vindeiro sábado, 6 de setembro, o ENCONTRO NA PENATEIXA. Unha festa aberta a todo o público e na que queremos contar contigo.

Ao igual que en anos anteriores, o encontro terá lugar na area recreativa da Penateixa, onde terá lugar o xantar e a intervención do Alcalde de Oroso e Secretario Xeral da Agrupación Socialista de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.

Se desexas acompañarnos deberás retirar a túa invitación-ticket para o xantar antes do xoves 4 de setembro, na sede do partido (Camiño Real 11, 1ºD en Sigüeiro), ou chamando os teléfonos 698161672 ou 630077062.

No xantar serviremos Empanada – Polbo a feira – Xamón asado – Postre – Café e Licores, ademaís teremos actuacións musicais durante todo o día.

Contamos coa túa presenza!!!… esperámoste na Area Recretaiva Penateixa o vindeiro sábado 6 de setembro á unha e media do mediodía.

Encontro Socialista na Penateixa

Deixa un comentario