OS SOCIALISTAS DE OROSO PIDEN AO RESTO DOS GRUPOS MUNICIPAIS QUE “DEBATAN AS PROPOSTAS PARA O TECIDO EMPRESARIAL NA COMISIÓN DE CONTAS” E TEÑAN EN CONTA “AS MEDIDAS DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS PARA SER MÁIS EFECTIVOS”

Os socialistas de Oroso mostraron hoxe unha postura de consenso no pleno municipal co resto dos grupos municipais, aos que piden “esperar para o debate de medidas económicas concretas para pemes e autónomos á comisión de Contas da próxima semana”.

Esta mañá celebrouse un pleno a proposta do PP, que presentou un plan de axudas para empresas e comercios que obtivo o informe desfavorable da Intervención do Concello. “Aínda que non puido saír adiante, o PSOE mostrouse disposto a consensuar medidas de apoio ao tecido empresarial local na comisión de Contas”, explica o voceiro do grupo municipal socialista, Antonio Leira.

“O pleno non era para concretar medidas, algo que xa faremos na comisión, porque ademais os socialistas cremos que é bo coñecer os programas de axudas doutras administracións para ser complementarios”, afirma Leira, que lembra que “o goberno e a deputación xa aprobaron numerosas medidas, pero a Xunta non”.

Os socialistas estaban dacordo co resto dos grupos “no fondo pero non nas formas, hoxe non era o momento de concretar medidas, se non de decidir onde imos debatilas, que será na comisión de Contas”.

Por último, desde o PSOE de Oroso lembran que “o concello xa aprobou iniciativas para axudar ao comercio local con medidas de protección ou a limpeza, e por suposto que apoiaremos outras medidas, pero que ningúen esqueza que polo momento as axudas chegaron do goberno ou da Deputación, non da Xunta”.

 

Deixa un comentario