Reunión das mozas e mozos socialistas de Oroso para falar dos temas de actualidade

As mozas e mozos do PSOE de Oroso mantiveron unha reunión na sede do partido para falar dos temas de actualidade, facendo ademais un repaso do acontecido no concello desde as eleccións municipais de maio de 2019.
Neste tipo de xuntanzas, os seus participantes falan da acción do goberno socialista en Oroso, chegando a conclusións que despois transmiten ao alcalde e os concelleiros e concelleiras.
A curto prazo, hai outras citas importantes como as eleccións autonómicas, nas que os socialistas de Oroso traballarán polo cambio progresista na política galega.
Por último, tamén falaron de cuestións internas, co obxectivo de programar un calendario de actividades na agrupación local durante todo o mandato municipal.
Grazas pola vosa participación!

Deixa un comentario