Os socialistas de Oroso celebran a súa primeira asamblea ordinaria do ano 2020

Os socialistas de Oroso celebraron onte unha asamblea ordinaria, a primeira do ano 2020, para falar da actualidade política e os retos de futuro a curto e medio prazo.
As e os militantes que forman parte ademais da corporación municipal como alcalde, concelleiros e concelleiras repasaron as súas áreas, desde as obras, os servizos sociais, a presencia de Oroso en Fitur, o próximo Entroido ou as actividades deportivas.
Houbo tamén tampo para falar de cuestións organizativas e na reunión tomou posesión José Calvo como novo secretario de Finanzas da agrupación.
Despois do pasado ano electoral, toca traballar en deferentes iniciativas, co obxectivo de fortalecer a agrupación socialista durante a lexislatura.

Deixa un comentario