Os socialistas de Oroso pelexaremos para que o grupo Puentes manteña a súa sede en Sigüeiro

Dende a agrupación socialista local apoiamos a mensaxe de tranquilidade enviada dende o Concello de Oroso ante unha posible venda

Tras coñecer a nova sobre a posible venda do Grupo Puentes a unha multinacional china, dende a Agrupación Socialista de Oroso queremos lanzar unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía.

Os Socialistas de Oroso apoiamos as xestións que nestes momentos se están a realizar dende o Concello. “Estamos ao tanto das posibles novidades e queremos tranquilizar aos cidadáns porque imos a pelexar para que, en caso de que se produza esa venda, se manteña a súa sede en Sigüeiro”, sinalou Vanesa Boo, Secretaria Xeral dos Socialistas de Oroso.

“Dende Socialistas de Oroso somos coñecedores da importancia dunha empresa como Grupo Puentes para o desenvolvemento e crecemento da nosa vila, por iso faremos todo o que estea nas nosas mans para que a compañía permaneza en Sigüeiro e os seus traballadores non se vexan afectados”, engadiu Boo.

Dende as filas socialistas subliñamos esa mensaxe de tranquilidade enviada dende o Concello e mantémonos atentos a calquera posible novidade.

Deixa un comentario