Primeiras reaccións trala vitoria socialista en Oroso: “Grazas aos cidadáns pola súa confianza unha vez máis, seguiremos traballando como o primeiro día”, dixo Mirás

Coñecidos os resultados definitivos das eleccións municipais o candidato socialista e alcalde de Oroso, Manolo Mirás, fixo unha primeira valoración. “Ante todo temos que agradecer a confianza depositada polos cidadáns unha vez máis que, tendo en conta a presenza de cinco candidaturas, volveron a apostar polos Socialistas de Oroso”, dixo Mirás. “É un feito que gañamos as eleccións, así que a partir de hoxe seguiremos traballando como fixemos ata o de agora para facer que Oroso continúe medrando e avanzando”, engadiu.

Multitude de simpatizantes e afiliados achegáronse ata a sede do partido para celebrar cun brinde a vitoria socialista no concello de Oroso.

 

Deixa un comentario