Encontro cos maiores no Centro da Terceira Idade de Oroso

Esta tarde o Alcalde de Oroso e candidato socialista á reelección á alcaldía, Manolo Mirás, xunto á Concelleira de Atención ao Maior e Comercio, Vanesa Boo, mantiveron un encontro cos maiores no Centro da Terceira Idade. Tanto Boo como Mirás explicaron aos asistentes cales son as propostas que os Socialistas de Oroso queremos desenvolver nos próximos catro anos dirixidas a mellorar a atención e a calidade de vida deste colectivo, como por exemplo a creación dun Centro de Día, implantar o transporte a demanda ou seguir mellorando os Servizos Sociais que na actualidade xestiona directamente o Concello de Oroso. Do mesmo xeito, os presentes aproveitaron a xuntanza para facer chegar as súas peticións ao alcalde de forma directa.

Encontro cos maiores

Encontro cos Maiores

Encontro cos Maiores

Encontro cos maiores

Deixa un comentario