Venres 24 de maio, gran Festa Peche de Campaña na Alameda de Góis

cartel-peche

Chegados ao última día de campaña os Socialistas de Oroso celebraremos na Alameda de Góis, en Sigüeiro, a tradicional festa de peche de campaña a partir das nove da noite.

Vanesa Boo, Concelleira e primeira Tenente de Alcalde, será a encargada de abrir o acto, que tamén contará coas intervencións de Antonio Leira, Concelleiro e Deputado Provincial; e Luis Rey, Concelleiro de Cultura e Deportes antes do discurso final de campaña que ofrecerá o candidato socialista á reelección á alcaldía de Oroso, Manolo Mirás.

Ao remate do acto teremos un pequeno ágape para intercambiar opinións cos veciños e veciñas e celebrar o final de 15 intensos días de  duro traballo nos que tentamos facer chegar o programa socialista a todos os puntos do municipio.

Non vos perdades a nosa festa de peche de campaña!

Deixa un comentario