O penúltimo día de campaña, xoves 23, en Trasmonte

Acto Trasmonte

Este xoves 23 de maio chegamos ao penúltimo día de campaña. Nesta xornada o acto electoral dos Socialistas de Oroso terá lugar no Local Social de Trasmonte ás nove da noite.

Os candidatos Francisco de la Fuente, Andrés Sánchez e Javier Grela acompañarán na súa intervención ao alcalde de Oroso, Manolo Mirás. Balance dos últimos anos, actuacións previstas, o noso programa electoral, de todo iso e máis falarán tanto os candidatos como o cabeza de lista, para ao remate compartir un ágape cos veciños e veciñas asistentes no que tamén intercambiaremos todo tipo de dúbidas e suxestións.

Xa o venres día 24 non vos perdades a nosa festa de peche de campaña que celebraremos na alameda de Góis a partir das 21.00 horas.

Deixa un comentario