Este martes día 21, acto electoral no local social de Oroso

Acto OrosoO candidato socialista á reelección como alcalde de Oroso, Manolo Mirás, entrará na recta final da campaña cun acto electoral en Oroso este martes día 21. Será a partir das nove da noite no local social da parroquia.

Nesta ocasión, e ao igual que aconteceu no encontro de Vilacide, os veciños coñecerán o programa electoral dos Socialistas de Oroso da man de Marta Liñares, veciña de Oroso e candidata número nove; Beatriz Rodeiro, concelleira de Benestar Social e Ensino; e Manolo Mirás, alcalde de Oroso.

Como de costume, o acto incluirá un ágape posterior para que os asistentes poidan falar informalmente cos membros da candidatura socialista e consultar as súas dúbidas sobre as propostas para esta parroquia.

Despois de Oroso, o penúltimo día de campaña os Socialistas de Oroso celebraremos un acto electoral cos veciños de Trasmonte. Será o xoves 23 de maio ás nove da noite no local social e, con este, a candidatura socialista de Manolo Mirás porá punto e final á rolda de encontros cos veciños para celebrar o peche de campaña o venres día 24.

Deixa un comentario