Nun concorrido acto en Deixebre o alcalde de Oroso, Manolo Mirás, reiterou o seu compromiso de non realizar a variante alternativa á N-550

Mitin Deixebre

“Quero transmitirvos total tranquilidade porque non se vai a facer a variante alternativa da N-550. O que se vai a facer é mellorar dita estrada e facer unha variante en Sigüeiro dende o supermercado Familia ata o enlace da estrada da Lavacolla; que lle dean as voltas que queiran, pero que non intenten xerar polémica con iso porque volo podo asegurar con toda rotundidade, así mo fixeron saber en Fomento e o ministro de Fomento vai a ser o mesmo e o presidente do Goberno tamén”, asegurou Manolo Mirás na xuntanza que mantivo cos veciños e veciñas de Deixebre.

Numerosas propostas para Deixebre
Trala mensaxe de tranquilidade, o alcalde de Oroso tamén deu conta na xuntanza en Deixebre das actuacións que os Socialistas de Oroso queren levar adiante nos vindeiros catro anos; algunhas delas “obras xa contratadas” e que se viron demoradas por culpa da nova Lei de Contratos e a implantación da Administración Electrónica.

Mitin Deixebre

Así por exemplo, Mirás destacou entre os seus compromisos o saneamento e abastecemento na zona dos Carballos, o abastecemento de auga en A Baxoia, saneamento en Vilar de Arriba e Vilar de Abaixo, a posta en marcha da estación de bombeo situada en Vilar de Abaixo, a colocación dun parque infantil na Escola Unitaria da parroquia, as sendas peonís ata a Escola Unitaria e a de Bouzalonga; así como unha das peticións “máis importante demandada polos veciños”, e que é a de ampliar o cemiterio; “para iso xa comezamos cunha reforma do Plan Xeral”, apuntou Mirás.

Durante a súa intervención o alcalde de Oroso tamén destacou a firme aposta do goberno socialista pola cultura e o deporte; ámbito este último no que lembrou as melloras pendentes no campo de fútbol de Deixebre (tales como a necesidade duns vestiarios e aseos para o público), e resaltou a cantidade de actividades que se realizan en todos os locais sociais de cada parroquia.

Mitin DeixebrePara dar por rematada a súa intervención, o candidato socialista á alcaldía de Oroso pediu o apoio dos presentes para continuar na senda do progreso. “Creo que a Oroso lle foi ben nos últimos anos, e por iso vos pido o voto de corazón, porque non vos vou a defraudar; sei que hai cousas que van con retraso, pero non faltei á palabra porque están os proxectos feitos e todo ao que me comprometín vaise a facer, por iso vos pido o voto para min e para a miña candidatura; todo o demais van a ser experimentos que nos levarán ao mesmo de antes”.

Ilusión e traballo, as constantes de Javier Grela
No acto electoral de Deixebre acompañou ao alcalde de Oroso o candidato número seis e veciño de Trasmonte, Javier Grela, quen dixo sentirse “ilusionado por formar parte do equipo de Manolo Mirás”.

Mitin Deixebre (13)

Grela tamén instou aos veciños a que “lle fagan chegar as súas dúbidas e peticións para trasladalas ao Concello e así mellorar tanto a parroquia de Deixebre como a de Trasmonte, e o municipio en xeral”.

Deixa un comentario