O venres 17 de maio acto electoral na parroquia de Senra

Acto Senra

Os Socialistas de Oroso continuamos a nosa axenda de campaña cun acto electoral este venres día 17 de maio na parroquia de Senra. Será como de costume a partir das nove da noite no local social.

Acompañarán nesta ocasión ao Alcalde de Oroso, Manolo Mirás; o concelleiro de Obras e Servizos, Eduardo Rey; e o candidato número sete e veciño de Senra, José Calvo. Ademais de coñecer o noso programa electoral, os asistentes ao encontro teñen a oportunidade de facernos chegar as súas peticións e demandas, xa que ao remate do acto contaremos cun ágape en ambiente distendido.

A axenda socialista en Oroso fará parada ao día seguinte, sábado 18 de maio, no Centro Cultural de Sigüeiro cun acto para a xuventude ás 13.00 horas.

Deixa un comentario