Martes 14, acto electoral na Estación de Oroso

Acto en Vilacide

Tralo arranque de campaña en Vilarromarís, os Socialistas de Oroso continuarán os encontros cos veciños este martes, día 14, ás 21.00 horas na Estación de Oroso. O acto -aprazado o pasado venres ao coñecerse o pasamento do exvicepresidente do Goberno, o socialista Alfredo Pérez Rubalcaba-, celebrarase no Restaurante A Cantina.

Nesta ocasión serán Beatriz Rodeiro, concelleira de Benestar Social e Ensino; Marta Liñares, veciña de Oroso e candidata número nove; e Manolo Mirás, alcalde de Oroso, os encargados de dar a coñecer aos veciños o programa electoral.

Despois de Vilacide, os Socialistas retomarán a axenda o mércores 15 en Deixebre nunha xuntanza no local social ás nove da noite.

Deixa un comentario