O mércores 15, acto electoral na parroquia de Deixebre

Acto Deixebre

Deixebre será a seguinte parroquia na que os Socialistas de Oroso manterán un encontro cos veciños e veciñas para explicar o programa electoral. Nesta ocasión o acto terá lugar o mércores día 15 a partir das nove da noite no local social.

Na xuntanza de Deixebre será Javier Grela, candidato número seis e veciño de Trasmonte, quen acompañe coa súa intervención ao alcalde de Oroso, Manolo Mirás.

Os asistentes ao acto, que tamén rematará cun pequeno ágape, coñecerán de primeira man as iniciativas previstas polo equipo socialista para os próximos catro anos.

O seguinte acto electoral celebrarase o xoves 16 ás nove da noite na parroquia de Gándara.

Deixa un comentario