Acto electoral en Vilarromarís este luns 13

Acto en Vilarromarís

Os Socialistas de Oroso abrirán a campaña cun acto electoral na parroquia de Vilarromarís. Será este luns, día 13, a partir das nove da noite no local social.

Encarnación Jiménez, veciña de Vilarromarís, e Manolo Mirás, alcalde de Oroso, serán os encargados de achegar aos veciños o proxecto socialista para os próximos catro anos. Ambos darán conta das medidas que compoñen o noso programa electoral, encamiñadas a mellorar tanto a parroquia como o concello. Ao remate festexaremos o acto cun ágape.

O seguinte encontro terá lugar o mércores día 15 no local social da parroquia de Deixebre ás nove da noite.

Deixa un comentario