Os Socialistas de Oroso amosamos o noso pesar polo falecemento do exvicepresidente do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba

En sinal de dó queda suspendido acto electoral previsto para esta tarde polos Socialistas de Oroso en Vilacide

Os socialistas de Oroso queremos amosar o noso profundo pesar polo falecemento do exvicepresidente do Goberno no día de hoxe, o socialista Alfredo Pérez Rubalcaba; “un home entregado á política e un referente para todo o socialismo”, sinalou o alcalde e candidato en Oroso, Manolo Mirás.

Con motivo do seu pasamento e en sinal de dó queda suspendido o acto electoral previsto polos Socialistas de Oroso para esta tarde en Vilacide, á espera de concretar unha nova data para a súa celebración.

Dende os Socialistas de Oroso, o noso máis sincero pésame a súa familia e amigos.

Deixa un comentario