Manolo Mirás inicia a campaña cun acto electoral na Estación de Oroso

Acto electoral en Vilacide

O candidato do Partido Socialista á Alcaldía de Oroso, Manolo Mirás, abre hoxe a súa programación de actos electorais nun encontro coa veciñanza de Vilacide. O lugar escollido será o restaurante A Cantina, na Estación de Oroso, a partir das oito e media da tarde.

Neste primeiro econtro acompañarán ao rexedor socialista, Beatriz Rodeiro, concelleira de Benestar Social e Ensino; e Marta Liñares, veciña de Oroso e número 9 da candidatura socialista.

Os asistentes terán a oportunidade de coñecer o noso programa electoral para os vindeiros catro anos e demais obxectivos de Manolo Mirás para seguir mellorando o noso concello.

Ao remate festexaremos o acto cun ágape no que os participantes tamén poderán intercambiar opinións co candidato.

 

Deixa un comentario