Ambiente distendido na tradicional pegada de carteis dos Socialistas de Oroso

Puntualmente, e como manda a tradición, os Socialistas de Oroso realizaron a tradicional pegada de carteis que marca o inicio da campaña electoral. Nun ambiente festivo e relaxado un amplo grupo de simpatizantes e afiliados, ademais dos membros da candidatura, acompañaron ao candidato socialista á Alcaldía, Manolo Mirás, que non dubidou en subirse a unha grúa para colocar o primeiro cartel.

Pegada de carteis

Pegada carteis (31) Pegada carteis (8)

Mirás inaugurou esta fase electoral nun dos farois da estrada N-550, preto da Alameda de Góis, así como en diferentes puntos do centro urbano de Sigüeiro habilitados para este fin.

Tras esta simbólica pegada de carteis os Socialistas de Oroso comezarán agora unha rolda de encontros cos veciños en cada parroquia do municipio para dar conta do programa electoral. A primeira das xuntanzas terá lugar hoxe, venres día 10, ás 20.30 horas en Vilacide.

Deixa un comentario