Presentación da candidatura ao Concello de Oroso

Os Socialistas de Oroso queremos convidarvos a todos e a todas ao acto de presentación da nosa candidatura. Será este venres día 3 de maio a partir das 20.30 horas no Complexo deportivo “Juanito Amigo Ferreiro” de Sigüeiro.

Durante o acto, no que estaremos acompañados polo Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, teremos a oportunidade de coñecer un pouco máis sobre cada un dos integrantes da candidatura liderada por Manolo Mirás.

cartel acto presentacion ok

Ao remate festexaremos o acto cun ágape. Non faltedes!

Deixa un comentario