Os Socialistas de Oroso seguiremos traballando mentres outros se dedican a enredar nos xulgados

O Partido Popular acode de novo aos xulgados. Desde logo, hai que ver que mal lle sentan ao señor Doval as boas noticias, se lle quixese ao Concello e lle tivese un mínimo de estima… aplaudiríaas.

Sabemos que o Sr. Doval ten moito medo porque no fondo sabe que vai a sacar o peor resultado do Partido Popular en Oroso, e o único que lle queda é perder o tempo con estas historias (moi propias do seu estilo, todo sexa dito de paso).

La voz

Nós seguiremos ao noso, que é traballar. Aí están os feitos, por iso a publicación fai referencia a REALIDADES, e ademais foi feita nun contexto onde se daba conta nun pleno da liquidación do orzamento de 2019. Que lle dea as voltas que queira, os resultados económicos son os que son, e son bos.

Recomendámoslle ao Sr. Doval que mire ao seu arredor, porque facemos exactamente O MESMO que todos os Concellos, pero entendemos que o Partido Popular de Oroso e o seu voceiro estean preocupados e moi nerviosos. De aí que só recurran a este tipo de artimañas, lembremos o caso das ventás do CEIP Sigüeiro, ou cando foi contra o arranxo na Igrexa de Pasarelos.

Que se lle vai facer? Acudir aos xulgados é a única forma que ten o PP de Oroso de entender a política…

Deixa un comentario