Manuel Mirás, candidato á alcaldía de Oroso, dá a coñecer a súa candidatura ao completo

“É unha candidatura renovada, pero que tamén integra o compoñente da experiencia e deseñada para gañar”, destacou o candidato socialista

No transcurso dunha asemblea extraordinaria celebrada este venres 5 de abril na sede da Agrupación Socialista de Oroso, Manuel Mirás, candidato á alcaldía de Oroso, deu a coñecer os integrantes da súa candidatura para as vindeiras eleccións municipais.

Trala votación e despois de ser proclamada por aclamación, Mirás destacou que se trata dunha candidatura “de renovación e de prestixio, pero que integra a experiencia dos que xa estaban, e que foi deseñada para ganar”.

“Vexo a tantos e tantas compañeiras válidos que foi difícil decidir, por iso debemos sentirnos orgullosos desta candidatura unha vez máis”, engadiu o candidato socialista. “Son compañeiros e compañeiras que coñecen a xestión, que saben negociar e que sei que van a traballar duramente igual que o fixemos hai catro anos, oito anos, doce, e dezaseis anos; porque a campaña non son 15 días, a campaña son os catro anos de mandato”, sinalou.

Mirás agradeceu “de corazón” o traballo realizado polos concelleiros saíntes e instou aos novos integrantes a “traballar duramente como se veu facendo ata o de agora”.

A asemblea, á que acudiron multitude de simpatizantes e afiliados do partido unha vez máis, transcorreu de novo nun ambiente especialmente emotivo.

CANDIDATURA ELECCIÓNS LOCAIS 2019:

1.- MANUEL MIRÁS FRANQUEIRA

2.- VANESA BOO MARTÍNEZ

3.- ANTONIO LEIRA PIÑEIRO

4.- BEATRIZ RODEIRO FERNÁNDEZ

5.- LUIS REY VILLAVERDE

6.- JAVIER ALFONSO GRELA MOSQUERA

7.- JOSÉ CALVO REY

8.- ENCARNACIÓN JIMÉNEZ LÓPEZ

9.- MARTA MARÍA LIÑARES CALVIÑO

10.- JORGE SUÁREZ REY

11.- MARÍA DEL CARMEN VARELA GENDRA

12.- DANIEL FUENTES CALVO

13.- ANA CARRILLO CALVO

14.- JONATAN REY BOUZÓN

15.- TAMARA CARNOTA RIAL

16.- ANDRÉS SÁNCHEZ REMUÑÁN

17.- BEATRIZ VEIRAS SOUTO

18.- UXÍO REGUEIRO NÚÑEZ

19.- NEREA GARCÍA DURÁN

20.- MIRANDA IGLESIAS LISARDINO

Deixa un comentario