Manuel Mirás Franqueira, elixido por aclamación candidato socialista á alcaldía de Oroso nas vindeiras eleccións municipais

Mirás: “Preséntome por responsabilidade e para seguir facendo de Oroso un referente”

Manuel Mirás Franqueira vén de ser proclamado por aclamación candidato socialista á alcaldía de Oroso nas vindeiras eleccións municipais que se celebrarán o 26 de maio.

A súa proclamación tivo lugar durante a asemblea ordinaria –con ese único punto na orde do día- celebrada este mércores, 27 de marzo, na sede da Agrupación Socialista de Oroso e á que acudiron multitude de simpatizantes e afiliados do partido.

Asemblea (3)

“Preséntome por responsabilidade e porque manteño intacta a ilusión por traballar e por seguir facendo de Oroso un referente”, sinalou Mirás, quen agradeceu a todos os presentes a confianza depositada na súa persoa “para seguir liderando este proxecto”.

A asemblea transcorreu nun ambiente moi emotivo, no que moitos dos presentes tiveron a ben pronunciar unhas palabras de recoñecemento ao traballo desenvolvido polo candidato socialista durante todos estes anos ao fronte do Concello de Oroso. Do mesmo xeito, a súa proclamación foi recibida entre aplausos.

Asemblea (5)

Nas vindeiras semanas Mirás dará a coñecer os integrantes da súa candidatura, na que xa está a traballar dende hai días.

Deixa un comentario