Os Socialistas de Oroso denunciamos o mal uso do mobiliario urbano que fai o PP

É unha práctica habitual dende o Partido Popular de Oroso, que non respectan o mobiliario do municipio colocando carteis onde lles pareceMobiliario (1)

O mobiliario urbano é un ben material de TODOS os cidadáns de Oroso e que debe ser respectado por TODOS. Parece que os únicos que non o entenden así son os responsables do Partido Popular de Oroso, pois unha vez máis volven a emporcar o mobiliario coa colocación de carteis onde lles dá a gana.

Mobiliario (3)

Os integrantes do PP deberían saber que hai espazos destinados á colocación de publicacións sen ter que andar usando os postes do municipio. De feito, se non os coñecen deberían informarse dunha vez para non volver a repetir este tipo de prácticas; predicar co exemplo é sempre unha boa maneira de fomentar o civismo.

Mobiliario (2)

A normativa é igual para todos os veciños e veciñas, polo que dende o Partido Popular deberían cumprila, tal e como fan o resto de cidadáns, en vez de andar pegando carteis onde lles peta. Logo, hai que andar limpando e repoñendo o mobiliario que dende o PP se dedican a encher de lixo.

Deixa un comentario