Inaugurada a reforma do campo de fútbol de Villarromariz

Manolo Mirás e Luis Rey, alcalde e concelleiro de Deportes de Oroso respectivamente, inauguraron esta tarde a reforma do campo de fútbol de Villarromariz.

Campo de Vilarromaris (3)

Campo de Vilarromaris (1)

Dotar de céspede natural ao campo e mellorar os vestiarios foron algunhas das accións que se realizaron en dita infraestrutura; unha instalación municipal que actualmente está a ser empregada por equipos de veteranos. En palabras do rexedor socialista, “todo aquel espazo que sexa aproveitable pola cidadanía será sempre susceptible de melloras para que os veciños poidan facer uso do mesmo”. Mirás lembrou ademais que “estamos dispostos a investir en espazos, como é o caso do campo de Villarromariz, para que sexan aproveitados pola veciñanza de todo o concello”.

Campo de Vilarromaris (5)

Campo de Vilarromaris (4)

Deixa un comentario