Xuntanza dos Socialistas de Oroso coa mocidade

Os Socialistas de Oroso temos claro que a xuventude é outro dos piares fundamentais para facer Concello, por iso escoitar e recoller as súas propostas é tan importante. Pensando niso, o secretario de Xuventude e Deporte dos Socialistas de Oroso, Jonathan Rey, promoveu unha xuntanza con mozos e mozas do municipio na que tamén participaron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, as concelleiras Vanesa Boo e Beatriz Rodeiro e o concelleiro Luis Rey. Grazas a todos e todas pola vosa participación, as vosas achegas e a vosa implicación.

Encontro coa Xuventude (1)

Deixa un comentario